A escola de danza do Concello organizou o emblemático» DIA DA MUIÑEIRA» durante 42 anos.
En Xullo do ano 1970, tiña lugar a primeira edición, coa participación de 150 bailaríns que convertiron a explanada do Náutico nunha explosión de noso folclore.Tras 5 anos, foi unha cita ineludible para os amantes de nosa cultura e para os curiosos que facían un acercamento as súas alertagadas raíces. Foi un evento cada vez máis multitudinario, chegando a ser 700 participantes na súa V edición, e tendo que cambiar a ubicación. A rúa Arenal, con 1200 m. de largo por 20 m. de ancho acollería a 2.200 participantes de toda a provincia de Pontevedra.
O Estadio Municipal de Balaídos a rúa Venezuela e a Praza de Compostela foron testigos do poder de convocatoria das nosas raíces. Conseguimos ter a participación de 3.500 bailaríns nas últimas edicións ata o ano 2012.
Comentarios recientes