GRUPOS, HORARIOS E PREZOS
MÚSICA E MOVEMENTO
De 4 a 7 anos
MÉRCORES E VENRES- 18:00 a 19:00
Grupo pensado para os máis cativos. Conceptos rítmicos básicos e iniciación o movemento e baile.
SENIOR
+65 anos
LUNS E MÉRCORES- 11:00 a 12:00
Grupo de baile orientado os bailadores e bailadoras maiores de 65 anos. Este grupo está aberto a varios niveis con independecia de ter ou non experiencias previas na danza tradicional.
INICIACIÓN – GRUPO B
+16 anos
LUNS E MÉRCORES- 20:30 a 21:30
Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero sen experiencia. Existen dous grupos no mesmo nivel para compatibilizar horarios.
FORAGRUP – NIVEL 1
Adultos
MARTES – 20:00 a 21:30
Grupo pensado para os alumnos máis veteranos da escola. Nel teñen cabida os alumnos que completaron a súa formación básica pero que queren seguir vinculados a escola de danza. Grupos mixtos danza e percusión. Existen dous niveis.
NENOS – GRUPO
De 8 a 16 anos
luns e mércores- 19:00 a 20:00
Grupo de baile para nenos e nenas entre 8 e 16 anos.
AVANZADO
+16 anos
LUNS E MÉRCORES- 20:00 a 21:00
Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero que teñan algunha experiencia previa non baile tradicional galego.
EXENCIÓN DE TAXAS
normas:
- O computo dos ingresos brutos farase respecto do exercicio inmediatamente anterior ao da
solicitude. - O ingreso bruto anual per cápita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entre o número de integrantes. No caso dunha persoa cun grao de discapacidade superior ao 65% computarase como se foran dúas persoas. No caso de que o grao de discapacidade estivese entre 33% e 65% computarase como 1,5.
- No caso de que algún membro da unidade familiar sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase ao seu ingreso bruto o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da
sentenza. - No caso de que o/a pai, nai, titor/a sexa un/a titor/a monoparental, único perceptor de ingresos e os fillos non tiveran rematado o ensino obrigatorio, aplicarase aos ingresos brutos o coeficiente 0,55. Poderá aplicarse este coeficiente no caso de que os fillos percibiran prestacións de carácter
público con motivo de discapacidade, invalidez e similares. - No caso de persoas con cargas familiares que levasen en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, aplicarase ao seu ingreso bruto un coeficiente do 0,35.
Para o goce desta exención debera solicitarse expresamente e :
- Autorizar ao Concello para que recabe a información sobre os ingresos de todos os integrantes da familia á AEAT e a outras administracións públicas.
- Achegar título de familia numerosa vixente na data na que deba producir efectos a exención.
- Certificado de discapacidade se é o caso.