GRUPOS, HORARIOS E PREZOS
MÚSICA E MOVEMENTO
De 4 a 7 anos
MÉRCORES E VENRES- 18:00 a 19:00
Grupo pensado para os máis cativos. Conceptos rítmicos básicos e iniciación o movemento e baile.
SENIOR
+65 anos
LUNS E MÉRCORES- 11:00 a 12:00
Grupo de baile orientado os bailadores e bailadoras maiores de 65 anos. Este grupo está aberto a varios niveis con independecia de ter ou non experiencias previas na danza tradicional.
INICIACIÓN – GRUPO B
+16 anos
LUNS E MÉRCORES- 20:30 a 21:30
Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero sen experiencia. Existen dous grupos no mesmo nivel para compatibilizar horarios.
FORAGRUP – NIVEL 1
Adultos
MARTES – 20:00 a 21:30
Grupo pensado para os alumnos máis veteranos da escola. Nel teñen cabida os alumnos que completaron a súa formación básica pero que queren seguir vinculados a escola de danza. Grupos mixtos danza e percusión. Existen dous niveis.
NENOS – GRUPO
De 8 a 16 anos
luns e mércores- 19:00 a 20:00
Grupo de baile para nenos e nenas entre 8 e 16 anos.
AVANZADO
+16 anos
LUNS E MÉRCORES- 20:00 a 21:00
Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero que teñan algunha experiencia previa non baile tradicional galego.
EXENCIÓN DE TAXAS
Estarán exentos dos Prezos Públicos regulados nesta ordenanza, os membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.064 € e 6.360 para familias numerosas. A titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, a excepción da vivenda na que residen, non deberá superar un valor catastral total de 49.305 €. Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes
normas:
- O computo dos ingresos brutos farase respecto do exercicio inmediatamente anterior ao da
solicitude. - O ingreso bruto anual per cápita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entre o número de integrantes. No caso dunha persoa cun grao de discapacidade superior ao 65% computarase como se foran dúas persoas. No caso de que o grao de discapacidade estivese entre 33% e 65% computarase como 1,5.
- No caso de que algún membro da unidade familiar sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase ao seu ingreso bruto o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da
sentenza. - No caso de que o/a pai, nai, titor/a sexa un/a titor/a monoparental, único perceptor de ingresos e os fillos non tiveran rematado o ensino obrigatorio, aplicarase aos ingresos brutos o coeficiente 0,55. Poderá aplicarse este coeficiente no caso de que os fillos percibiran prestacións de carácter
público con motivo de discapacidade, invalidez e similares. - No caso de persoas con cargas familiares que levasen en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, aplicarase ao seu ingreso bruto un coeficiente do 0,35.
Para o goce desta exención debera solicitarse expresamente e :
- Autorizar ao Concello para que recabe a información sobre os ingresos de todos os integrantes da familia á AEAT e a outras administracións públicas.
- Achegar título de familia numerosa vixente na data na que deba producir efectos a exención.
- Certificado de discapacidade se é o caso.