Danza galega

a partir de 4 anos e ata 80

Ven, animate e da os teus primeros pasos do que realmente levamos dentro, deixa saír as tus raíces e descobre un mundo cheo de historia e tradición festiva.

Varios niveis e idades

Clases e grupos para todos os niveis e idades.

Tamén adaptados a partir dos 65 anos.

}

Horarios

Diversidade de horarios para cada nivel.

Lugares de impartición

Praza do Rei S/N  Vigo

GRUPOS, HORARIOS E PREZOS

MÚSICA E MOVEMENTO
De 4 a 7 anos

MÉRCORES E VENRES- 18:00 a 19:00

Grupo pensado para os máis cativos. Conceptos rítmicos básicos e iniciación o movemento e baile.

15,60 / mes
Matricula: 41,60€ / ano

SENIOR
+65 anos

LUNS E MÉRCORES- 11:00 a 12:00

Grupo de baile orientado os bailadores e bailadoras maiores de 65 anos. Este grupo está aberto a varios niveis con independecia de ter ou non experiencias previas na danza tradicional.

20,80€ / mes
Matricula: 41,60€ / ano

INICIACIÓN – GRUPO B
+16 anos

LUNS E MÉRCORES- 20:30 a 21:30

Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero sen experiencia. Existen dous grupos no mesmo nivel para compatibilizar horarios.

20,80€ / mes
Matricula: 41,60€ / ano

FORAGRUP – NIVEL 1
Adultos

MARTES – 20:00 a 21:30

Grupo pensado para os alumnos máis veteranos da escola. Nel teñen cabida os alumnos que completaron a súa formación básica pero que queren seguir vinculados a escola de danza. Grupos mixtos danza e percusión. Existen dous niveis.

10,40€ / mes
Matricula: 26€ / ano

NENOS – GRUPO 
De 8 a 16 anos

luns e mércores- 19:00 a 20:00

Grupo de baile para nenos e nenas entre 8 e 16 anos.

20,80€ / mes
Matricula: 41,60€ / ano

AVANZADO
+16 anos

LUNS E MÉRCORES- 20:00 a 21:00

Grupo de baile para rapaces e rapazas maiores de 16 anos pero que teñan algunha experiencia previa non baile tradicional galego.

20,80€ / mes
Matricula: 41,60€ / ano

EXENCIÓN DE TAXAS

Estarán exentos dos Prezos Públicos regulados nesta ordenanza, os membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.064 € e 6.360 para familias numerosas. A titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, a excepción da vivenda na que residen, non deberá superar un valor catastral total de 49.305 €. Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes
normas:

  1. O computo dos ingresos brutos farase respecto do exercicio inmediatamente anterior ao da
    solicitude.
  2. O ingreso bruto anual per cápita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entre o número de integrantes. No caso dunha persoa cun grao de discapacidade superior ao 65% computarase como se foran dúas persoas. No caso de que o grao de discapacidade estivese entre 33% e 65% computarase como 1,5.
  3. No caso de que algún membro da unidade familiar sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase ao seu ingreso bruto o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da
    sentenza.
  4. No caso de que o/a pai, nai, titor/a sexa un/a titor/a monoparental, único perceptor de ingresos e os fillos non tiveran rematado o ensino obrigatorio, aplicarase aos ingresos brutos o coeficiente 0,55. Poderá aplicarse este coeficiente no caso de que os fillos percibiran prestacións de carácter
    público con motivo de discapacidade, invalidez e similares.
  5. No caso de persoas con cargas familiares que levasen en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, aplicarase ao seu ingreso bruto un coeficiente do 0,35.

Para o goce desta exención debera solicitarse expresamente e :

  • Autorizar ao Concello para que recabe a información sobre os ingresos de todos os integrantes da familia á AEAT e a outras administracións públicas.
  • Achegar título de familia numerosa vixente na data na que deba producir efectos a exención.
  • Certificado de discapacidade se é o caso.