GRUPOS, HORARIOS E PREZOS
INICIACIÓN
+7 anos
Luns e Xoves – 18:00 a 19:00
Iniciación a percusión. Coñecementos básicos, manipulación dun instrumento de percusión e acompañamento.
SENIOR +65 anos
LUNS – 12:00 a 13:00
Grupo de percusión tradicional orientado a persoas máis de 65 anos. Este grupo está aberto a varios niveis de dificultade con independencia de ter experiencia previa ou non no manexo dalgún instrumento de percusión do foclore galego.
AVANZADO +7 anos
Luns e Xoves – 18:00 a 19:00
Ampliación dos coñecementos básicos. Aplicación destes coñecementos sobre un maior número de instrumentos
FORAGRUP – NIVEL 1
Adultos
MARTES – 20:00 a 21:30
Grupo pensado para os alumnos máis veteranos da escola. Nel teñen cabida os alumnos que completaron a súa formación básica pero que queren seguir vinculados a escola de danza. Grupos mixtos danza e percusión. Existen dous niveis.
PERFECCIONAMENTO+7 anos
Luns e Xoves – 19:00 a 20:00
Perfeccionamiento de técnicas y ritmos en todos los instrumentos de grande, mediana y pequeña percusión gallegos.
FORAGRUP – NIVEL 2
Adultos
XOVES – 20:00 a 21:30
Grupo pensado para os alumnos máis veteranos da escola. Nel teñen cabida os alumnos que completaron a súa formación básica pero que queren seguir vinculados a escola de danza. Grupos mixtos danza e percusión. Existen dous niveis.
EXENCIÓN DE TAXAS
Estarán exentos dos Prezos Públicos regulados nesta ordenanza, os membros de familias con ingresos brutos anuais per cápita inferiores a 4.064 € e 6.360 para familias numerosas. A titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, a excepción da vivenda na que residen, non deberá superar un valor catastral total de 49.305 €. Para a determinación dos Ingresos Brutos anuais per cápita teranse en conta as seguintes
normas:
- O computo dos ingresos brutos farase respecto do exercicio inmediatamente anterior ao da
solicitude. - O ingreso bruto anual per cápita calcularase dividindo a totalidade dos ingresos brutos anuais da unidade familiar entre o número de integrantes. No caso dunha persoa cun grao de discapacidade superior ao 65% computarase como se foran dúas persoas. No caso de que o grao de discapacidade estivese entre 33% e 65% computarase como 1,5.
- No caso de que algún membro da unidade familiar sexa unha persoa vítima de violencia de xénero acreditada mediante sentenza firme, aplicarase ao seu ingreso bruto o coeficiente 0,35. Este coeficiente será de aplicación durante os primeiros 5 anos contados dende a data da
sentenza. - No caso de que o/a pai, nai, titor/a sexa un/a titor/a monoparental, único perceptor de ingresos e os fillos non tiveran rematado o ensino obrigatorio, aplicarase aos ingresos brutos o coeficiente 0,55. Poderá aplicarse este coeficiente no caso de que os fillos percibiran prestacións de carácter
público con motivo de discapacidade, invalidez e similares. - No caso de persoas con cargas familiares que levasen en situación de desemprego máis de 22 meses ininterrompidos, aplicarase ao seu ingreso bruto un coeficiente do 0,35.
Para o goce desta exención debera solicitarse expresamente e :
- Autorizar ao Concello para que recabe a información sobre os ingresos de todos os integrantes da familia á AEAT e a outras administracións públicas.
- Achegar título de familia numerosa vixente na data na que deba producir efectos a exención.
- Certificado de discapacidade se é o caso.